O pivote do Teucro, Samu Gómez, convocado de novo coa selección nacional junior

Pontevedra
24 de marzo 2016

Isidoro Martínez, volveu a convocar ao xogador do Teucro, Samu Gómez, nesta ocasión para disputar con España dous partidos amigables fronte a Hungría

Carlos García e Samu Gómez nun adestramento do Teucro no Municipal Mónica Patxot

Tras ser chamado para unha concentración da selección española junior que se celebrou en León, esta mesma semana, o seleccionador nacional junior, Isidoro Martínez, volveu a convocar ao xogador do Teucro, Samu Gómez, nesta ocasión para disputar con España dous partidos amigables fronte a Hungría.

A concentración e ambos os partidos coincidirán co parón ligueiro debido á disputa dos torneos Preolímpicos, e o pivote teucrista estará coa selección entre o 3 e o 10 de abril próximos.