O Poio FS paga cunha dura derrota en Móstoles (4-0) a súa falta de acerto en ataque

Pontevedra
24 de xaneiro 2015

Segue a xeira de resultados negativos do Poio FS que caeu derrotado contundentemente en Móstoles logo de fallar por segunda xornada consecutiva un penalti que puido cambiar o signo do partido

Partido entre Poio FS e Ordizia na Seca Diego Torrado

Segue a xeira de resultados negativos do Poio FS que caeu derrotado contundentemente en Móstoles logo de fallar por segunda xornada consecutiva un penalti que puido cambiar o signo do partido.

As mozas de Morenín pagaron moi caro a súa falta de acerto ante a porta adversaria e viron como as madrileñas deixaban prácticamente sentenciado o partido na primeira parte.

Souza dispuxo da mellor ocasión visitante, aos catro minutos, pero non acertou a materializar un penalti. Mediado o primeiro tempo Celia aproveita un rexeite a disparo de Inma para anotar o primeiro gol do partido e un minuto despois, Inma ao bordo do área, tras unha cesión interceptada por Chamorro, conseguía o segundo.

Antes do descanso, María Otero, de rabona na frontal anotaba o terceiro gol local co que se chegaba ao descanso.

Na reanudación, Patri Chamorro, logo dunha boa xogada persoal de Rocío, superaba a Silvia para facer o 4-0. Con todo perdido, o Poio optaba desde o minuto 28 polo xogo de cinco, pero o Móstoles soubo controlar sen maiores problemas.

FSF MÿSTOLES (4): Ana Etayo; Patri Chamorro, María Otero, Inma, Trufa -cinco inicial-, Rocío, Didi, Celia, Valle e María de Val (segunda porteira).

POIO FS (0): Silvia; Yoly, Jenny, Souza, Elena -cinco inicial-, Paloma, Rosario, Claudia e Nerea.

Árbitros: González Fernández e Kecojevic Deana (Madrid). Amonestaron a Didi, polas locais, e a Souza e Claudia no Poio.

Goles: (1-0) Minuto 11: Celia. (2-0) Minuto 12: Inma. (3-0) Minuto 19: María Otero. (4-0) Minuto 25: Patri Chamorro.

Incidencias: Pabellón Villafontana (Móstoles). Uns 400 espectadores.