O Poio Pescamar busca a súa primeira vitoria ante un dos rivais máis fortes da liga.
Despois de perder por 4 goles a 1 no campo do Burela, o Poio recibe a un Alcorcón que vén de golear ao Tecuni Bilba no debut en liga. A cara e a cruz de dous equipos que se enfrontarán este sábado, 21 de setembro, ás 18:30 horas no pavillón da Seca, para o que Raúl Jiménez, adestrador do Poio, espera "hacer un fortín".
Ante a dificultade do encontro, Jiménez destacou o xogo vertical e atrevido do conxunto madrileño que conta nas súas filas coa pivote ourensá Vane Sotelo, pichichi na anterior tempada con 37 goles.
Por su parte, o Poio contará con Silvia Aguete e Cari García en portería, Antia Pérez, Clara, Carol, Mirian, Dani Sousa, Anna Escribano, Andrea Feijoo, Ana Rivera, Irene García e a canteirá Inés. Iria Saeta segue de baixa.