O Pontevedra B sorprende o líder Bergantiños (2-1)

Pontevedra
20 de abril 2024

Custou que chegase a vitoria, pero despois de oito xornadas o Pontevedra B volveuno a lograr dando a sorpresa ante o líder Bergantiños no Manolo Barreiro

 

 

Pontevedra B - Bergantiños no Manolo Barreiro Cristina Saiz

Custou que chegase a vitoria, pero despois de oito xornadas o Pontevedra B volveuno a lograr dando a sorpresa ante o líder Bergantiños no Manolo Barreiro.

Sen dúbida partía como favorito o conxunto visitante, que pola contra encadeaba sete meses sen perder e tan só encaixara unha derrota esta tempada.

E demostrando a súa solidez de líder foi o primeiro que se adiantou no marcador, pero non o fixo ata alcanzada a recta final do primeiro tempo por medio de Álex Cabarcos.

A alegría con todo durou moi pouco e é que practicamente na seguinte xogada o filial granate empatou cun gol de Fran López.

Despois do paso polos vestiarios os dous equipos foron a por a vitoria, pero foi Jaichenko o que estivo máis acertado para subir o 2-1 que deu os tres puntos aos seus.

Consulta a acta nesta ligazón