Presentada oficialmente a primeira fichaxe invernal, Nacho López, a actividade non se detén nos despachos do Estadio Municipal de Pasarón co obxectivo de reforzar o equipo para afrontar con garantía a segunda metade da tempada.
Tres posicións baralla reforzar a dirección deportiva, unha por liña.
A gran prioridade pasa pola defensa, onde se busca "un central con experiencia", segundo sinalou o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, que asegurou ademais que "tenemos situaciones avanzadas con jugadores, a falta de tomar una decisión"
Feáns recoñeceu que valoran a opción de incorporar un extremo destro e "veremos si un delantero" antes de que se peche a ventá de fichaxes o 31 de xaneiro.
En todo caso se isto chega a suceder deberán concederse baixas no plantel. "Si hay entradas tiene que haber salidas", explicou o director deportivo granate na presentación de Nacho López, quen espera achegue "oficio y contundencia" na parcela defensiva.