O Pontevedra CF fíxose co Trofeo Centenario contra o Racing Villabés no que foi o terceiro partido da pretemporada. O club granate adiantouse cun gol de Yelko Pino no primeiro tempo, o cadro local igualou no minuto 90 e, na quenda de penaltis, os visitantes gañaron por 13-14 para facerse co triunfo.
Yago Iglesias variou o esquema en relación aos dous primeiros amigables e apostou por un 1-4-2-1-3, con Manu Vizoso baixo paus, Bastos, Churre, Mario Gómez e Zabaleta na defensa, Borja Domínguez e Samu Mayo por diante, Yelko de media punta e arriba o tridente formado por Chiqui, Rufo e Jaichenco.
Saíu con ganas da vitoria o cadro pontevedrés e tivo en Eneko Zabaleta a oportunidade de adiantarse no marcador, pero o seu disparo foise fose rozando o poste.
Pouco despois, cando se cumpría o primeiro cuarto de hora de xogo, o colexiado pitou penalti sobre Yelko, e o 10 enviou a gol para adiantar ao Pontevedra.
Como é habitual nos partidos de pretemporada, o técnico visitante modifició a formulación ao comezo da segunda metade, dando entrada a Edu Sousa, Benjamín Garay, Toño, Charly, Álex González e Barbeiro. O marcador non se moveu, e Yago seguiu facendo cambios dando entrada a Pedro Espiña e Hugo Padín no minuto 65 e, pouco despois, a Iker Arango e Víctor Casáis.
Parecía a conclusión chegaría con vitoria do equipo granate, pero o Villabés, sobre a bucina, anotou o 1-1 para enviar o partido á quenda de penaltis e así decidir quen gaña o Trofeo Centenario.
Desde a pena máxima tardou en decidirse en gañador e chegouse ata o penalti 14, no que o Pontevedra anotou, pero Edu Sousa detivo o lanzamento rival para dar ao seu equipo a primeira vitoria esta tempada.