O Pontevedra fixa a súa Xunta Xeral de Accionistas para o luns 20 de abril

Pontevedra
12 de marzo 2015

O Consello de Administración deberá presentar as contas da pasada tempada e o presuposto da actual. Ademais os accionistas deberán referendar Lupe Murillo na presidencia

Lupe Murillo, tras ser nomeada conselleira e presidenta do Pontevedra Diego Torrado

Tardou máis do previsto pero o Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol fixou a Xunta Xeral de Accionistas da entidade.

Tras a reunión da dirección granate celebrada na tarde-noite do mércores no Estadio Municipal de Pasarón, os conselleiros elixiron o luns 20 de abril como data para a celebración da xunta.

Nesta é de esperar que os accionistas coñezan as contas da pasada tempada e o presuposto do actual exercicio.

Ademais deberán referendar, se así o estiman oportuno, a Lupe Murillo na presidencia do club, toda vez que o seu nomeamento aínda non recibiu o respaldo da Xunta de Accionistas, tal e como sinalan os estatutos da entidade.

O club xa iniciou os trámites para a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).