O Pontevedra lánzase a polo apoio dos máis pequenos

Pontevedra
30 de setembro 2015

Adrián Gómez e Edu visitaron este mércores dous centros escolares do municipio, onde compartiron experiencias cos alumnos e entregáronlles invitacións para o choque do domingo ante o Coruxo  

Visita de xogadores do Pontevedra aos colexios San José e Barcelos
Visita de xogadores do Pontevedra aos colexios San José e Barcelos /

Avecíñase un novo derbi en Pasarón (domingo, 17:00 horas) e o Pontevedra quere estar o máis arroupado posible ante a visita do Coruxo, sorprendente líder da competición.

Por ese motivo dous futbolistas do primeiro plantel como Edu Sousa e Adrián Gómez visitaron este mércores dous centros escolares da cidade.

Ambos acudiron ao Colexio San José e posteriormente ao CEIP Barcelos para compartir experiencias cos máis pequenos, a quenes asinaron autógrafos e convidaron o choque do domingo facéndolles entrega de entradas.

A itención é buscar un maior apoio dende as bancadas e enganchar aos máis pequenos ao equipo granate.

VOLTA AOS ADESTRAMENTOS

A xornada de mércores é tamén a da volta ao traballo para os pontevedreses tralo habitual día de descanso, regreso que afrontan con confianza de revertir o irregular inicio liguero.

Para a cita do domingo, Luisito espera poder recuperar a Jacobo e Queijeiro, pero seguirá sen contar con Pablo Carnero, que afrontará o seu segundo e último partido de sanción trala expulsión sufrida ante o Compostela.