Primeira xornada de traballo para o Pontevedra Club de Fútbol 21-22, que este luns púxose en marcha á primeira hora da mañá no Estadio Municipal de Pasarón.
O plantel e o corpo técnico estaban citados cedo para someterse a unha rolda de test de detección de covid, sen que se rexistrase ningún positivo. Superado o trámite o novo adestrador do equipo, Ángel Rodríguez, acompañado do director deportivo Toni Otero ofreceu unha charla aos futbolistas na que "les he dicho lo que espero, que sea un equipo muy intenso. Vamos a hacer entrenamientos cortos y la intensidad tiene que ser máxima. Hay que entender eso como un ADN de lo que va a ser el Pontevedra esta temporada", explicou o técnico.
Das palabras, aos feitos, e é que tras unha breve sesión de fotos sobre o céspede de Pasarón os 25 futbolistas convocados e o corpo técnico desprazáronse ata o campo de Santa María de Xeve para enfrontarse á primeira das dúas sesións previstas este luns.
"Creo que va a ser una pretemporada bastante intensa, suelen ser así mis pretemporadas", sinalou Rodríguez sobre unha primeira semana que contará con catro xornadas dobres de traballo (luns, martes, xoves e venres) ademais de adestramentos matinais o mércores e o sábado.
"Vamos a ver cómo están de piernas porque llevan mucho tiempo parados. A ver si en las vacaciones hemos hecho deberes o no", asegurou o preparador granate sobre o céspede de Pasarón.
Por diante cinco semanas de preparación máis unha sexta xa de competición antes do debut ligueiro do 5 de setembro fronte ao Compostela. Nese tempo "entre 6 y 8 partidos sería lo ideal para competir la primera jornada con garantías", recoñece Ángel Rodríguez.
Polo momento o Pontevedra confirmou tres encontros de preparación con amigables o 1 de agosto fronte ao Estradense e o 8 de agosto ante o Racing de Ferrol, ademais do duelo de primeira rolda de Copa RFEF contra o Alondras o 7 de agosto. O desenvolvemento desta competición marcará o resto da preparación, xa que de non avanzar disputaranse outros duelos como o pactado co Arosa o 29 de agosto en Baltar.
Ao comezo da pretempada estaban convocados 25 xogadores, 17 deles con ficha do primeiro equipo como son os gardametas Álvaro Cortés e Pablo Cacharrón; os defensores Churre, Santi, David Soto, Diego Seoane, Samu e Pacheco; os centrocampistas Javi Rey, Romay, Álex González, Oier Calvillo, Alberto Rubio e Brais Abelenda e os dianteiros Charles, Rufo e Martín Diz. A eles súmanse os canteiráns Iñaki, Arnosi, Pablo López, Taracido, Joel Rodríguez, Jacobo López, Fabio Grajales e Valentín.
Sobre os representantes da base, Ángel Rodríguez reiterou que "van a estar un mes entrenando con nosotros, cada uno va a mostrar las condiciones que tiene y después decidiré", defendendo que "a mí el tema de la edad y la categoría de la que venga no me importa, si demuestra que puede jugar aquí estará con nosotros". Na súa man por tanto estará facerse un oco nun primeiro equipo que conta con dúas fichas sénior dispoñibles e tres sub-23 con postos aínda a cubrir como son o lateral zurdo e o dun centrocampista de corte defensivo.