O Pontevedra repite promoción para recibir o Langreo, cunha invitación de balde para cada socio

Pontevedra
20 de abril 2022

A entidade granate mantén a promoción aplicada nas dúas últimas xornadas en casa de cara ao importante partido do próximo domingo 24 de abril (17.00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón

Partido de liga en Pasarón entre Pontevedra e Real Avilés
Partido de liga en Pasarón entre Pontevedra e Real Avilés / Cristina Saiz

"Catro partidos que teñen que ser catro finais". Con esa frase o Pontevedra Club de Fútbol deu a coñecer o prezo das entradas para o importante encontro do próximo domingo 24 de abril (17.00 horas) fronte ao Langreo no Estadio Municipal de  Pasarón.

Do mesmo xeito que nas dúas últimas xornadas que actuou o equipo como local, a entidade granate decidiu premiar aos seus socios permitíndolle retirar unha entrada para un acompañante sen custo.

Estas entradas de balde poderanse retirar nas oficinas do club ata o venres (9.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 horas) e tamén reservar enviando un correo electrónico a [email protected] ata o venres ás 19.00 horas para recollela en despacho de billetes o propio domingo.

No que respecta ao prezo das entradas de público xeral, mantense sen cambios con respecto ás últimas semanas ao fixarse en 25 euros para a bancada de Tribuna, 15 euros para Preferencia e o Fondo Norte e 10 euros para o Fondo Sur. No que respecta a os menores de 16 anos deberán abonar 15 euros en Tribuna e 5 euros no resto de bancadas.