O pontevedrés Guillermo García asina un podio no Circuíto do Guadiana Junior

Pontevedra
01 de marzo 2017

O ciclista pontevedrés, que esta tempada asinou por un equipo cántabro ante a dificultade de comptir en Galicia a nivel nacional, estreou con bo pé a súa tempada e xa pensa na Copa de España da súa categoría

Guillermo García (dereita) no podio do Circuíto do Guadina Junior Federación Galega de Ciclismo

A dificultade para competir no calendario nacional junior desde Galicia obrigou a Guillermo García a enrolarse nun equipo cántabro, o Batcho, e os comezos foron esperanzadores.

O xoven corredor pontevedrés subiu ao podio no Circuíto do Guadiana celebrado a pasada fin de semana na localidade estremeña de Don Benito. Guillermo coouse no medio do reciltal británico do equipo Flavio Zappi, que ocupou catro dos cinco primeiros postos.

O vencedor foi Mark Donovan, avantaxando en 11 segundos a un grupo de catro ciclistas no que o máis rápido ao sprint foi o pontevedrés, superando aos ingleses Coombre, Wright e Savagnargues.

Este resultado enche de moral a un deportista que quere seguir progresando e facerse un nome no pelotón nacional. 

Entre os seus obxectivos, destacar na Copa de España da súa categoría que contará con seis probas puntuables e que arrincará o próximo 12 de marzo na Comunidade Valenciana co IX Memorial Joan Bautista Llorens.