A Real Federación Española de Fútbol convocou a un futbolista do Pontevedra Club de Fútbol para participar nunha concentración co combinado nacional sub-16.
Trátase de Jorge Carrillo, gardameta de só 16 anos pero que esta tempada defende a portería do equipo de División de Honra Xuvenil e que mesmo chegou a ir convocado co primeiro equipo a pesar da súa mocidade nun encontro de Copa Federación ante o Burgos.
Carrillo participará nunhas xornadas de adestramento na Cidade do Fútbol de Las Rozas do luns 9 ao mércores 11 de abril, xunto a futbolistas das mellores canteiras nacionais.
Xunto a el compoñen a convocatoria da Selección Española Sub-16: Pol Tristán, José Martínez, Joel López, Robert Navarro, Moriba Kourouma, Jaume Jardí (FC Barcelona); David Argüelles (Real Sporting de Gijón); Lluís Recasens (RCD Espanyol); Antonio Zarzana (Sevilla FC); Álvaro Carrillo, Alejandro Pérez, Javier Rodríguez (Real Madrid CF); David López-Guerrero, Javier Gómez, Mario Soriano, Diego Lorenzo (Atlético de Madrid); David Larrubia (Málaga CF); Víctor Rofino (CD Leganés); Kepa Uriarte, Unai Vélez (Athletic Club); Iván Zamorano (RCD Mallorca); Aitor Gelardo (Villarreal CF); e Beñat Turrientes (Real Sociedad).