A semana comeza con fichaxe na Sociedad Deportiva Teucro, que confirmou ao seu terceiro reforzo para a próxima tempada.
O conxunto pontevedrés chegou a un acordo para incorporar a Álvaro Moreno, primeira liña de 20 anos formado na canteira do Agustinos de Alacante.
Coa súa chegada o vicedecano do balonmán nacional espera sumar "lanzamento exterior e equilibrio de xogo entre a primeira liña e a segunda liña". Ademais "Álvaro é un xogador de proxección que tamén achegará un bo rendemento na saída en primeira onda", explica a entidade teucrista.
O último curso, tras abandonar o Agustinos, Álvaro Moreno fichou polo Sant Joan, pero tras retirarse o club da competición terminou competindo co UCAM Murcia de Primeira Nacional.
"He fichado en el Teucro porque, a parte de ser un equipo con mucha historia, es un equipo joven en el cual creo que puedo aportar mi granito de arena. Estoy seguro que voy a mejorar tanto deportivamente como personalmente. Estoy muy ilusionado con el proyecto y con muchas ganas de ayudar al equipo", sinalou o xogar tras confirmase a súa fichaxe.
Moreno súmase desta forma ás fichaxes de Gonçalo Morais e Joshua Rau nun plantel na que tamén figuran os renovados Caue Herrera, Ricardo González, Miguel Sío, Alejandro Gómez, Víctor Deco, Iago Rodríguez e Pedro Sánchez.