Os amantes do mundo do motor teñen unha cita esta fin de semana co IV Rally de Pontevedra, competición organizada pola Escudería Congostra Team Sanxenxo e que está incluída no Campionato Gallego.
Cunha alta inscrición, ao contar coa presenza confirmada de 137 vehículos, a cita dará comezo este venres 24 de xuño.
A actividade dará comezo coas pertinentes verificacións técnicas e as instalación do parque pechado na Rúa Rafael Picó de Portonvo, punto neurálxico do rally. De alí os participantes partirán cara ao tramo espectáculo de Sanxenxo que inaugurará a competición a partir das 19.33 horas do venres, na zona do polígono industrial de Nantes.
Xa o sábado, a emoción trasladarase aos outros tres tramos do rally, ao que se darán tres pasadas a cada un ata completar as nove mangas cronometradas previstas.
Os horarios previstos pola organización son os seguintes:
Meaño: 8.01, 12.52 e 17.43 horas.
Cerdedo-Cotobade: 9.08, 13.59 e 18.50 horas.
Campo Lameiro-Moraña: 9.59, 14.50 e 19.41 horas.
Finalizado o rally, o fin de festa tendrña como sede o Real Club Náutico de Sanxenxo a partir das 23.00 horas da noite, estando prevista a entrega de premios ao fío da medianoite.