O rally do Albariño volverá pasar por Ponte Caldelas doce anos despois

Ponte Caldelas
23 de novembro 2020

A competición celebrarase os días 18 e 19 de xuño e un dos tramos terá saída e meta en chan caldelano

Reunión no Concello de Ponte Caldelas para estudar o tramo do Rally do Albariño neste municipio
Reunión no Concello de Ponte Caldelas para estudar o tramo do Rally do Albariño neste municipio / Concello de Ponte Caldelas

Un tramo da próxima edición do rally do Albariño pasará por Ponte Caldelas. Esta competición automobilística celebrarase os días 18 e 19 de xuño. Concello e organización, a escudería Congostra Team de Sanxenxo, analizan agora que estradas son as máis apropiadas para celebrar esta etapa que, aseguran desde o goberno local, terá saída e meta neste municipio.

Encadrada no campionato galego desta especialidade, esta competición pasou en numerosas ocasións polas estradas de Ponte Caldelas. Con todo, desde o 2009 a caravana non facía escala nun municipio que destaca pola súa afección aos deportes do motor.

Proba diso é que un ano máis se volverá a celebrar a Subida a Ponte Caldelas, suspendida este ano pola pandemia. Concello e escudería negocian a fin de semana de agosto máis apropiado para celebrar unha competición que cada ano atrae a máis afeccionados.