Ponteareas acolleu a pasada fin de semana o Campionato Galego Sub-11 e Sénior de Bádminton, onde un dos grandes protagonistas foi o Ravachol Pontevedra.
O club pontevedrés logrou ata 9 medallas na competición autonómica, con 3 ouros, 2 pratas e 4 bronces.
As deportistas máis destacadas foron Raquel Miguens e Cristina González, que levaron o título de dobres feminino, mentres qu Miguens repetía o título individual e González facía propio no dobres mixto xunto con Luís Veloso. Precisamente no mixto, Miguens foi segunda xunto a Adrian Loureiro (Cedeira).
Na categoría A2, Alejandro Ramos fixo gala dun bo nivel para levar o subcampionato individual, ao que engadiu unha medalla de bronce en dobres, e en B1 Javier Rey sumou dous novos bronces, en individual e en dobres xunto a Benjamín Albores (Cíes).
En conto á categoría Sub-11, os máis pequenos do Ravachol Pontevedra debutaron en competición oficial destacando o quinto posto de Lara Santamarina en individual.
A expedición pontevedresa completárona Pedro Carramal, Manuel Leivas, Vicente González, Pablo Albores, Laura Taboada, Mar García, Pablo Xesteira, Ángel Tomé, Sergio Abilleira e Abraham Barros.