O sexto posto de Sergio Vega, notable debut do Super Froiz na Copa España

Pontevedra
26 de febreiro 2018

O Circuíto Guadiana de Don Benito (Badaxoz) acolleu este domingo a primeira proba da tempada da Copa de España elite e sub-23, onde o Supermercados Froiz debutou cun notable resultado: o sexto posto de Sergio Vega

Equipo do Super Froiz na primeira proba da Copa España, en Don Benito
Equipo do Super Froiz na primeira proba da Copa España, en Don Benito /

O Circuíto Guadiana de Don Benito (Badaxoz) acolleu este domingo a primeira proba da tempada da Copa de España elite e sub-23, onde o Supermercados Froiz debutou cun notable resultado: o sexto posto de Sergio Vega.

O corredor do conxunto pontevedrés chegou a tan só tres segundos do vencedor, o ruso Savva Novikov do equipo Lokosphinx, tras un final no que ata doce ciclistas disputáronse a vitoria.

A escapada que se xogou a vitoria formouse tras o último paso por Magacela, a única dificultade de montaña nunha etapa chaira e moi rápida.

Pouco antes da meta, Novikov e Urko Berrade ( Lizarte) tomaron uns metros de vantaxe e disputáronse a vitoria, con triunfo para o corredor ruso.

O resto do pelotón chegou a 1 minuto. O gran traballo do equipo serviu para que o Froiz puidese situarse na quinta praza da clasificación por equipos.