O Squash Pontevedra, satisfeito polo papel dos seus xogadores no Campionato Galego

Pontevedra
14 de novembro 2017

No cadro feminino da competición celebrada en O Milladoiro a pontevedresa Marta Domínguez proclamouse campioa galega absoluta

Marta Domínguez e Gonzalo Romero tras o Campionato Galego de Squash
Marta Domínguez e Gonzalo Romero tras o Campionato Galego de Squash / Squash Pontevedra

A pasada foi unha bo fin de semana para o Squash Pontevedra no Campionato Galego celebrado nas instalacións do Squash Santiago, no Milladoiro.

O club pontevedrés pode presumir de ter nas súas filas á nova campioa autonómica absoluta tras a gran competición de Marta Domínguez no cadro feminino, no que superou na final a Catuxa Codesido (Vigo Squash) por un tenteo de 3 a 0.

Non foi a única medalla do Squash Pontevedra, xa que Gonzalo Romero adxudicouse o bronce tras vencer ao compostelán Manuel García na loita polo terceiro e cuarto posto, cun resultado de 3 a 1.

Doutra banda Sergio Puga, con 16 anos recentemente cumpridos, venceu a final de consolación por 3 a 0 ante o vigués Jorge Núñez.