A pasada foi unha bo fin de semana para o Squash Pontevedra no Campionato Galego celebrado nas instalacións do Squash Santiago, no Milladoiro.
O club pontevedrés pode presumir de ter nas súas filas á nova campioa autonómica absoluta tras a gran competición de Marta Domínguez no cadro feminino, no que superou na final a Catuxa Codesido (Vigo Squash) por un tenteo de 3 a 0.
Non foi a única medalla do Squash Pontevedra, xa que Gonzalo Romero adxudicouse o bronce tras vencer ao compostelán Manuel García na loita polo terceiro e cuarto posto, cun resultado de 3 a 1.
Doutra banda Sergio Puga, con 16 anos recentemente cumpridos, venceu a final de consolación por 3 a 0 ante o vigués Jorge Núñez.