Despois de sete anos terminando a tempada no alto do ránking nacional de equipos elite e sub-23, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz cede o trono.
A Real Federación Española de Ciclismo actualizou a clasificación por equipos anual, unha vez finalizado o curso, coa escuadra pontevedresa na quinta posición.
O Froiz terminou o ano cun total de 1.418 puntos.
O novo número un do ránking é o Lizarte vasco cun total de 2.767 puntos. Completa o podio o o Bicicletas Rodriguez Extremadura e o Fundación Euskadi.
Tras ser destronado do primeiro posto, o Froiz traballa xa en recuperar posicións para a próxima tempada, para a que xa anunciou hai unhas semanas ás súas primeiras fichaxes.