O Tenis de Mesa Monte Porreiro presume de título na Primeira Nacional Feminina

Pontevedra
03 de maio 2021

O segundo equipo feminino do club pontevedrés vén de concluír a súa participación na liga de Primeira Nacional, proclamándose campión do seu grupo sen perder ningún encontro

Equipo de Primeira Nacional do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Equipo de Primeira Nacional do Tenis de Mesa Monte Porreiro / Tenis de Mesa Monte Porreiro

A saúde dun club non se mide só polo resultado dos seus equipos máis representativos, tamén polo que fan desde a segunda fila as súas novas promesas.

Niso o Tenis de Mesa Monte Porreiro pode presumir de resultados, e é que o seu equipo de Primeira Nacional feminina vén de proclamarse campión liga no Grupo 1.

Fíxoo ademais o conxunto pontevedrés sen perder ningún encontro sumando 14 puntos, polos 11 do Club do Mar San Amaro. No seu último compromiso venceu por un contundente 0-6 en Fisterra.

Como premio o Monte Porreiro pelexará polo ascenso á División de Honra, sempre que o primeiro equipo que milita nesa liga termínese clasificando, tal e como apunta, á fase de ascenso á máxima categoría, a Superdivisión.

Cabe lembrar que actualmente a estrutura masculina do club conta tamén con equipos nas dúas máximas categorías nacionais.