O tenis galego queda sen representación no VII Torneo Internacional ITF de Pontevedra

Pontevedra
11 de outubro 2018

A derrota da arousá Jéssica Bouzas no cadro de dobres deixa sen representación galega a competición que se está celebrando nas pistas do Casino Mercantil

Jéssica Bouzas, no Torneo Internacional ITF Júnior de Pontevedra Casino Mercantil de Pontevedra / Nolitennis

O VII Torneo Internacional Júnior ITF de Tenis de Pontevedra avanza cara ás súas roldas finais, pero faio xa sen ningún xogador local nos seus cadros de competición.

A derrota da arousá Jéssica Bouzas en dobres deixa sen representación galega a fase final.

Tampouco conseguiron pasar de primeira rolda ningunha dos xogadoras procedentes da fase previa feminina, un cadro no que xa cedeu a súa principal cabeza de serie, a española Marta Cusic, que se viu sorprendida en primeira rolda pola suíza Nina Geissler.

No cadro masculino con todo o máximo favorito, o británico Jacob Fearnley, avanza con paso firme e xa se coou nos cuartos de final superando con autoridade ao francés Allan Deschamps (6-0 e 6-1). Na terceira rolda está tamén xa o español Carlos Gimeno.

Ata o vindeiro domingo 14 de outubro seguirase disputando o VII Torneo Internacional Júnior ITF de Tenis nas pistas do Casino Mercantil.