O Teucro apostará pola continuidade no seu regreso a Asobal

Pontevedra
22 de maio 2015

O club comezará o luns a negociar cos actuais integrantes do equipo e comunicaralle algún deles que non entran nos plans do técnico. Quique Domínguez quere un plantel de 16 xogadores e asegura "no nos volveremos locos y vamos a mantener nuestra idea", apostando por xogadores novos "y si puede ser gallegos"

Último adestramento do Teucro da tempada
Último adestramento do Teucro da tempada / Daniel Santomé

O primeiro plantel do Teucro está xa de vacacións tras despedirse este xoves dos adestramentos coa satisfacción do deber cumprido, pero non todos no club azul descansarán nos próximos días.

A despedida produciuse con bo ambiente pero tamén cun punto agridoce, cando o técnico Quique Domínguez anunciou que non todos os xogadores continuarán no equipo a próxima tempada.

"La gran mayoría esperamos que sigan pero algún cambio hay que hacer para competir a buen nivel en Asobal", explica Domínguez, que xunto ao presidente Carlos García-Alén comezará a reunirse o luns cos integrantes do plantel.

Quique Domínguez: "El corazón me pedía que siguiesen todos pero la cabeza me dice que hay que mejorar algunas cosas"

O adestrador pontevedrés recoñece que "el corazón me pedía que siguiesen todos pero la cabeza me dice que hay que mejorar algunas cosas".

Malia iso a idea e filosofía que o club seguiu estes anos manterase: "No nos vamos a volver locos y vamos a mantener la idea. El perfil de jugador que buscaremos es joven, nacional y si puede ser gallego", defende Quique Domínguez.

O contrapunto pode ser algún xogador veterano "que aporte esa experiencia necesaria" como esta tempada foi o caso de Dani Hernández. Todo iso sendo conscientes do limitado do presuposto co que contará o club e coa intención de pechar o plantel o antes posible e "si puede ser en 15 días mejor".

Nos plans do técnico teucrista encóntrase confeccionar un equipo de 16 xogadores e completar os adestramentos con algún integrante do filial ou de categorías inferiores.

A falta de concretar a planificación da tempada, os adestramentos pensando no debut na Liga Asobal comezarán durante a última semana do mes de xullo.