O plantel da SD Teucro para a tempada 24/25 está xa practicamente perfilado, sobre todo as incorporación dun novo gardameta.
Trátase do xove Anxo Fraga, que a última tempada compitío a pasada campaña co BM Poio Artai, chegando a pelexar o ascenso á Primeira Nacional.
Anxo competirá na portería co experimentado Javi Santana, que seguirá como unha das grandes referencias do plantel teucrista.
Coa súa fichaxe son xa 14 os xogadores confirmados polo vicedecano para o seu próximo proxecto deportivo, no que tentará de novo pelexar polos postos de honra buscando o salto á División de Honra Prata.
Ademais de Anxo Fraga, completan ata a data o primeiro equipo do Teucro: Rikki, Javi Santana, Miguel Pello, Sergio Cortizo, Gonçalo Areias, Daniel Vicente Pintus, Eloy Krook, Miguel Monteagudo, Rhuan Marchete, Caue Herrera, Andrés Pérez, Roi González e Sergio Wagner.