A Real Federación Española de Balonmán aclarou a composición e o camiño que lle espera a cada un dos equipos da División de Honra Prata na segunda fase da tempada.
No caso da Sociedad Deportiva Teucro, ese calendario lévalle ao grupo que pelexará pola permanencia na categoría, ao que chega cun punto de vantaxe sobre os postos de descenso tras o seu último triunfo fronte ao Bordils.
A liguiña comezará con dous equipos compartindo o liderado con 12 puntos, como son Amenabar Zarautz e Trops Málaga, seguidos de tres máis con 10 puntos entre os que que atopa o Teucro xunto a Zamora e Sarrià. Por detrás, ocupando as cinco prazas de descenso a Primeira Nacional, séguenlles Lalín con 9 puntos, Sant Martí con 7, Ikasa Madrid con 6, Bordils con 4 e o Trapagaran Eskubaloia con 0 puntos.
Segundo o calendario sorteado, os pontevedreses iniciarán a segunda fase cun partido na casa, no Pavillón Municipal dos Deportes, o sábado 20 de marzo (19.30 horas) fronte ao Zamora.
Despois chegarán dous duelos consecutivos cos dous líderes actuais, o Zarautz a domicilio e o Trops Málaga no Municipal, para terminar a primeira volta co Trapagaran fóra e o Ikasa Madrid na casa, orde de enfrontamentos que se repetirá na segunda volta que ten previsto o seu fin o 29 de maio.
Consulta o calendario completo da fase pola permanencia da División de Honra Prata.