O Teucro continúa coa pretemporada en División de Honra Prata. Nesta ocasión, este sábado, tomou parte no triangular de presentación Peregrina, o primeiro Torneo Internacional Xacobeo 2021 no Pavillón Municipal de Pontevedra.
Na cita disputou dous partidos amigables contra o Xiria e o equipo portugués Maia Ismai. Despois da derrota da pasada semana ante o Cangas por cinco goles e a vitoria na primeira rolda da Copa Galicia ante o A Cañiza, os de Luís Montes conseguiron manter o ritmo e comezar o torneo con bo pé.
Os primeiros en enfrontarse foron o Xiria e o Maia a partir das 18:45 horas. Os de Carballo, a pesar de facer unha boa primeira parte, non foron quen de manter o ritmo durante a segunda, o que os condenou a encaixar unha dura primeira derrota por parte dos lusos (14-23).
A continuación, ás 19:45, tocoulle a quenda aos pontevedreses, que foron superiores aos do Xiria, no que a efectividade refírese. A pesar diso, isto non terminou de materializarse no marcador, o que fixo que, aínda que levasen a vitoria, esta fose por unha renda de catro tantos (21-17).
Finalmente, preto das 21:00 horas, comezou o cruzamento definitivo da xornada. Co Xiria fose de batalla tras dúas derrotas, os de Montes e os portugueses xogábanse o trofeo. E nunca mellor dito, xa que a tensión mantívose ata o final. A igualdade reinou na pista durante todos os minutos do xogo e non foi ata case o bociñazo final cando o Teucro adiantaríase por un gol no electrónico (20-21), o que lle daría a vitoria no choque e o primeiro posto da cita.