O Teucro incorpora a Sergio Rey como novo preparador físico do seu primeiro equipo

Pontevedra
10 de xullo 2020

O conxunto pontevedrés confirmou este venres a incorporación do preparador físico e recuperador, que se unirá ao corpo técnico encabezado por Irene Vilaboa para o equipo de División de Honra Prata

Sergio Rey, novo preparador físico do Teucro
Sergio Rey, novo preparador físico do Teucro / SD Teucro

Nova fichaxe na Sociedad Deportiva Teucro, aínda que nesta ocasión non para o seu plantel senón para o corpo técnico do equipo de División de Honra Prata.

O conxunto pontevedrés confirmou a incorporación ao seu staff técnico de Sergio Rey, que a próxima tempada encargarase da preparación física dos xogadores e tamén exercerá como readaptador.

Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Rey iniciouse en 2014 como preparador físico na canteira do CLB arousán, pasando dous anos despois ao Cortegada do Liga Feminina 2.

Durante eses anos que traballou no club vilagarcián, sinala o Teucro, especializouse cun máster na prevención e readaptación de lesións principalmente de ombreiro e xeonllo. Ademais exerceu como adestrador persoal nun estudo de adestramento.

Rey súmase desta forma ao corpo técnico do primeiro plantel que encabezará Irene Vilaboa e no que tamén colaborará a súa irmá Rosa Vilaboa.