O Teucro incorpora o extremo do Barakaldo, Arkaitz Piriz

Pontevedra
11 de xullo 2015

Tras as incorporacións de Erik Balenciaga, Jose Manuel Rial e Andrés Delgado, a cuarta incorporación da SD Teucro no seu regreso á Liga ASOBAL é o xogador vasco Arkaitz Piriz, que chega procedente do Barakaldo, onde xogou durante toda a súa carreira

Partido entre Teucro e Barakaldo no Municipal Diego Torrado

Tras as incorporacións de Erik Balenciaga, Jose Manuel Rial e Andrés Delgado, a cuarta incorporación da SD Teucro no seu regreso á Liga ASOBAL é o xogador vasco Arkaitz Piriz, que chega procedente do Barakaldo, onde xogou durante toda a súa carreira.

Arkaitz Piriz Zurita ten 23 anos, xoga na posición de extremo dereito e mide 1,82. Chega ao Teucro despois dunhas tempadas nas que se asentou na División de Honra Prata vestindo a camiseta do equipo que o viu crecer.

Aínda que nos seus comezos o seu posto era o de lateral, reconverteuse o extremo. Posúe un bo lanzamento exterior e en defensa pode actuar tanto de penúltimo como na banda. Chega para disputarlle o posto a Edu Moledo, co que Quique Domínguez se garante dous xogadores para o extremo dereito de plena solvencia.