Cada partido é xa unha final para a Sociedad Deportiva Teucro, cuxa continuidade na División de Honra Prata pende dun fío.
O club pontevedrés afrontará esta fin de semana unha doble cita competitiva na casa, primeiro recibindo o sábado 19 (19.00 horas) o Amenábar Zarautz e o domingo (12.30 horas) recuperando xornada fronte ao Guadalajara. Especialmente o primeiro encontro, ante un rival que é quinto actualmente pero pode caer á fase pola permanencia, antóllase como a última posibilidade de conseguir puntos que vallan para esa liguiña definitiva.
Por ese motivo o vicedecano lanzou promocións na busca de conseguir un maior apoio nas bancadas do Pavillón Municipal dos Deportes.
Por unha banda os socios da entidade poderán retirar de balde unha entrada para acompañantes, e ademais convidouse aos clubs galegos de base a acudir aos dous encontros.
Para solicitar a súa invitación, os clubs deben solicitalo previamente escribindo ao correo electrónico comunicacion@teucro.es.