O equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro di adeus ao seu soño polo ascenso a Superdivisión despois de perder por 4-0 ante o Sant Cugat.
As cousas non saíron como desexaban pero as xogadoras pontevedresas levan unha gran experiencia desta fase.
"É a primeira vez que viven a fase e é moita a tensión acumulada. Somos un equipo moi novo", defende o adestrador do Monte Porreiro, Nando Álvarez.
Tiñan en fronte a un equipo dos máis fortes "aínda que non é escusa", con xogadoras con moita experiencia como a catalá Constanza Martínez, a rusa Viktoria Klihemco ou a xuvenil Mariona Munne.
As tres do cadro catalán formaron un equipo en grao sumo completo que serviu para superar por 4-0 a Noelia Santiago, Judith Cobas e Claudia Canay, que o tentaron con todas as súas forzas aínda que o resultado final non foi o esperado.
Con todo, as xogadoras do Monte Porreiro regresan "felices" a Pontevedra por disputar un duelo dese calibre e pola experiencia vivida.
Consulta a acta do partido entre Sant Cugat e o TM Monte Porreiro