O TM Monte Porreiro vence o San Sebastián de los Reyes e suma a súa quinta vitoria esta tempada (4-2)

Pontevedra
01 de decembro 2019

Nova vitoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o San Sebastián de los Reyes por 4-2. O conxunto de Pontevedra viña de gañar os dous últimos partidos e afrontaba o duelo con ganas de deixar os puntos no Pavillón do Príncipe Felipe

Victoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao L'Escala Diego Torrado

Nova vitoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o San Sebastián de los Reyes por 4-2. O conxunto de Pontevedra viña de gañar os dous últimos partidos e afrontaba o duelo con ganas de deixar os puntos no Pavillón do Príncipe Felipe.

Os encargados de xogar o primeiro partido foron Rafael Casares e Horacio Cifuentes, que derrotou nos tres xogos ao rival do Sanse. Co 1-0 chegaba a quenda de Nico Galvano e Alaksei Zhukov. O xogador local púxollo complicado ao seu rival pero finalmente o punto levoullo o ruso.

Co 1-1, saían á pista Vladislav Usru e Betancor para disputar un igualado partido que se decidiu a favor do xogador visitante no último xogo. 

Co marcador en contra, o Monte Porreiro volveu igualar grazas á contundente vitoria por 3-0 de Nico Galvano fronte a Rafael Casares.

De novo o partido estaba en táboas (2-2) e Horacio Cifuentes volvía á pista para vencer a Vladislav Usru e poñer o partido a favor dos de Pontevedra, que sentenciaron co triunfo de Betancor sobre Alaksei Zhukov.

Consulta a acta do partido entre Visit Pontevedra-San Sebastián de los Reyes na seguinte ligazón.