O tríatlon de media distancia de Sanxenxo fixa a data para a súa segunda edición

Sanxenxo
28 de decembro 2016

A segunda edición do 113 Swim Ride Run de Sanxenxo celebrarase o domingo 21 de maio de 2017 con algunha novidade, como a organización paralela dunha carreira popular de 5 quilómetros

Primeiro tríatlon 113 Swim Ride Run de Sanxenxo
Primeiro tríatlon 113 Swim Ride Run de Sanxenxo / Diego Torrado

A aposta de Sanxenxo polo tríatlon de media distancia, coa proba 113 Swim Ride Run, terá continuidade en 2017 coa súa segunda edición.

Así o confirmou a organización da carreira, que fixou como data para a súa celebración o domingo 21 de maio.

Coa praia de Silgar como epicentro da proba, os participantes afrontarán un percorrido de 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé.

A competición, do mesmo xeito que na súa primeira edición na que triunfaron Pablo Dapena e Sonia Parente, terá consideración de Campionato Galego de Media Distancia.

Ademais por primeira vez organizarase de maneira paralela unha carreira popular de 5 quilómetros, con saída e chegada na Praza do Mar.

As inscricións para a 113 Swim Ride Run de Sanxenxo xa se habilitaron na web www.championchipnorte.com, cun límite de 500 prazas.