O Visit Pontevedra feminino volve gañar e conta os seus partidos por vitorias

Pontevedra
14 de outubro 2019

O equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro derrotou por 4-2 ao CMT Narón e acumula tres vitorias consecutivas no seu debut en División de Honra

Partido de tenis de mesa entre o Visit Pontevedra e o CMT Narón en Príncipe Felipe
Partido de tenis de mesa entre o Visit Pontevedra e o CMT Narón en Príncipe Felipe

O equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro, o Visit Pontevedra, segue arrasando nos seus primeiros partidos en División de Honra. Na terceira xornada de competición, o cadro pontevedrés derrotou por 4-2 ao CMT Narón e acumula xa tres vitorias consecutivas nun inicio de liga extraordinario. "Non esperabamos comezar desta forma. As mozas empezaron esta liga con moita ilusión, seguridade e intensidade, e o traballo realizado en pretemporada está a dar os seus froitos", comentó Nacho Fernández, adestrador do Visit Pontevedra.

O encontro comezou coa derrota da campioa galega Mar Rivas ante o chilena Cristal, do Narón, por 1-3. O seguinte enfrontamento mediu á local Daria Kuskova, que se desfixo con facilidade de Claudia Canay para igualar a contenda. O Visit Pontevedra conseguiu poñerse por diante no marcador cun novo triunfo de Noa Bernárdez sobre Ana Otero.

Conseguiu igualar o partido o Narón grazas á vitoria de Cristal sobre Kuskova. Pero de novo apareceron Noa Bernárdez e Mar Rivas para vencer a Claudia Canay e Ana Otero poñendo o definitivo 4-2 no marcador.

Con esta vitoria, o Visit Pontevedra sitúase na zona alta da clasificación ao levar 3 vitorias en 3 encontro na División de Honra Feminina.