O Voleibol Pontevedra, no seu mellor momento da tempada

Pontevedra
06 de febreiro 2019

O club pontevedrés sumou en Vigo o seu terceiro triunfo consecutivo na Primeira División Galega e mantén as opcións de escalar posicións pensanso no play- off polo título autonómico

Partido entre o Club Voleibol Pontevedra e o Calasancias
Partido entre o Club Voleibol Pontevedra e o Calasancias / Diego Torrado

Terceira vitoria consecutiva para o Club Voleibol Pontevedra na Liga Galega de Primeira División.

O club pontevedrés atópase no seu mellor momento da tempada e aínda que sen pasar da sétima praza que ocupaba, con 21 puntos xa empata na táboa co  AD Xiria e achégase ao seu próximo rival, o Xuvenil Teis, co obxectivo de escalar posicións pensando no play- off polo título autonómico.

Na última xornada disputada, o CVP Alianza Española de Seguros venceu por 0 sets a 3 na cancha do Black Voley Vigo.

Foi un duelo dominado claramente polo CVP, que marcou territorio na primeira manga por 15-25 e mantívose firme despois para pechar o encontro por 16-25 e 13-25.

O próximo partido das pontevedresas, ante o Xuvenil de Teis, disputarase o vindeiro sábado 9 de febreiro no pavillón da Xunqueira II (18:00 horas).