A perla do waterpolo pontevedrés, Álex Andión, segue progresando na súa carreira. O deportista de 20 anos cambia o CN Rubí catalán polo CN Echeyde de Tenerife para seguir competindo na máxima categoría do waterpolo nacional.
O pasado ano, Andión foi unha peza importante no conxunto catalán, que logrou salvar a categoría cun punto de vantaxe sobre o pechacancelas Cabala.
O traspaso supón un paso adiante na incipiente carreira do pontevedrés, que tras o seu paso polas categorías inferiores do Sabadell e logo como integrante do primeiro equipo do Rubí, únese ao proxecto do conxunto canario, que na pasada campaña terminou a liga regular en sexta posición, a só tres puntos do playoff polo título.
O lateral de 1,98 metros de altura e 90 quilos de peso formado na canteira do CW Pontevedra, é a primeira fichaxe do cadro tinerfeño, que o próximo ano marcarase obxectivos máis ambiciosos.
Enhorabuena a Álex y al @CNECHEYDE !
— Waterpolo Pontevedra (@WP_Pontevedra) July 18, 2023
Seguiremos vuestros éxitos desde Pontevedra!
Mucha suerte en esta nueva etapa! https://t.co/rjFsyTkI2j