O waterpolo chega aos colexios da cidade

Pontevedra
30 de setembro 2014

O Club Waterpolo Galaico protagoniza unha campaña de promoción do seu deporte nos centros escolares de Pontevedra

Charla do Waterpolo Galaico nun colexio da cidade CW Galaico Pontevedra

O Club Waterpolo Galaico Pontevedra iniciou unha campaña de promoción do seu deporte nos centros escolares da cidade.

Técnicos do club, xunto a xogadores dos equipos absolutos masculino e feminino, acudiron xa aos colexios Álvarez Limeses e Xunqueira II para protagonizar unha charla acompañada dun vídeo con exemplos prácticos do waterpolo.

Con esta actividade a entidade lerezana busca dar a coñecer este deporte, polo que convida a todos os nenos a que o proben de balde na piscina durante unha semana.

Os próximos centros escolares en recibir estas charlas serán o Manuel Vidal Portela e Xunqueira I.