O Waterpolo Galaico cede o título galego tras caer no terceiro partido da final ante o CN Coruña (14-6)

Pontevedra
02 de xuño 2015

Os pontevedreses non mostraron a súa mellor cara e perderon con claridade no terceiro e último partido da final, cedendo o título galego tras dous anos consecutivos como campións

Primeiro partido da semifinal polo título autonómico entre CW Galaico e CW Santiago
Primeiro partido da semifinal polo título autonómico entre CW Galaico e CW Santiago / CW Galaico Pontevedra

Non puido ser. O Waterpolo Galaico perdeu na Coruña o título galego tras dúas tempadas como campión.

Fíxoo tras caer no terceiro e definitivo partido da final ante o CN Coruña, que se mostrou máis regular ao longo de toda a competición.

Os de Javi de Sáa, tras igualar a serie vencendo no segundo encontro, non puideron culminar a remontada nun partido no que non mostraron a súa mellor versión, con erros en defensa e tamén en ataque.

O mellor xogo dos locais fixo que collesen vantaxe xa no primeiro cuarto (3-1) e no descanso mandasen por un claro 8-3.

Os pontevedreses intentaron reaccionar pero non puideron recortar distancias despedíndose dun título que defenderon con uñas e dentes a pesar dunha tempada difícil polas baixas que asolaron ao equipo. De feito o Galaico competiu na final cun porteiro xuvenil, tres xogadores cadetes e un infantil.

Con todo no club se mostran satisfeitos pola tempada, logrando por sexto ano consecutivo disputar a final polo título.

CN CORUÑA (14): González, Escuredo, García, Quelle, Gato (2), Alba, Abuin (3), García (1), Orozco (1), Martins (5), Iglesias (1), Blanco, Carrodeaguas (1). 

CW GALAICO PONTEVEDRA (6): Raúl, Rober (1), Aarón (1), Rubén, Artai, Miguel (1), Ángel, Andrés (1), Juanjo (1), Iago, Bran (1), Pablo, Pablito.

Parciais: 3-1, 5-2, 3-3, 3-0.