O Waterpolo Galaico encaixa ante o Santiago a súa cuarta derrota da tempada

Pontevedra
03 de febreiro 2015

Os pontevedreses caeron por 8-14 na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD Diego Torrado

O Club Waterpolo Santiago, líder invicto da Primeira División Galega, levouse os puntos en xogo no partido que o enfrontou ao Waterpolo Galaico na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

O conxunto lerezano segue sen reencontrase co xogo que lle levou a alzar o título ligueiro e encaixou a súa cuarta derrota do curso de xeito claro (8-14).

Tras un primeiro cuarto de igualdade, os erros defensivos e certas facilidades en defensa propiciaron que os composteláns tomasen vantaxe sen que os locais conseguisen reaccionar.

O Galaico segue terceiro na clasificación, pero moi lonxe do propio Santiago e do CN Coruña.

CW GALAICO PONTEVEDRA (8): Raúl, Rober (2), Aarón, Rubén, Pablo, Mauro, Ángel (3), Andrés, Juanjo (1), Guille (2), Bran, Juan, Manu.

CW SANTIAGO (14): Viaño, Fernández, Turnes (1), Cabrera, Ferrer, Piñeiro (4), Raposo (2), Caamaño (4), Suárez (3), Montoiro, Sampaño, Campaña, Romarís.

Parciais: 2-2, 1-4, 3-4, 2-4.