O Club Waterpolo Galaico Pontevedra está a cumprir aos poucos os obxectivos que se marcou a principio de tempada.
Faino tras asegurar o equipo absoluto masculino a súa participación no Campionato de España de 3ª División. Os pupilos de Javi de Sáa pensan ademais xa nos play-off polo título galego, para os que xa están clasificados.
O Galaico, tras gañar comodamente en Vigo (5-24), é líder da liga regular a falta dunha xornada, na que debe enfrontarse ao terceiro da táboa, o CW Santiago, que se perfila tambén como o seu rival en semifinais.
Pola súa banda o equipo cadete asegurouse tamén a súa participación no Campionato de España de 3ª División da categoría, que se disputará en Murcia do 13 ao 17 de xullo, tras lograr de maneira matemática o título de liga ao vencer ao RCN Vigo (10-15).
Son xa tres os equipos do club clasificados para os campionatos nacionais, xa que o Xuvenil de 2ª categoría asegurou a súa participación a pasada semana.