Oitavo lugar para a Gimnástica na Copa do Rei de atletismo

Pontevedra
01 de febreiro 2015

O Fútbol Club Bacelona levouse o título nunha igualada competición, sobre todo nos postos baixos, celebrada no Velódromo de Anoeta, en San Sebastián

Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2015
Equipo da Gimnástica na Copa do Rei 2015 / Sociedad Gimnástica

Foi unha competición moi igualada nos postos baixos, que finalmente rematou coa Gimnástica no oitavo lugar.

A Copa do Rei de Atletismo celebrada en San Sebastián tivo como vencedor ao Fútbol Club Barcelona (91 puntos), seguido de Playas de Castellón (69), Simply-Scorpio (61), Marathon (61), Real Sociedad (53), Tenerife (47), Fent Camí (42) e Gimnástica (41puntos).

Os pontevedreses empezaron a competición gañando a primeira carreira, os 200 metros, grazas a Alberto Salcedo, pero no lado contrario Mario García viuse abocado á última posición en triplo salto.

Eduardo Gallardo foi sétimo nos 400 metros, ao igual que un lesionado Víctor Gallego en peso, Sergio García nos 1.500 e Manuel Molinos en altura.

Pola súa banda Julián Ortiz logrou a segunda vitoria parcial para a Gimnástica nos 60 valos, mentres Alberto Guerrero foi cuarto nos 800 metros e Santi Ferrer quinto en pértega.

Cun cuarto posto na súa serie do relevo 4x200 os pontevedreses pecharon a súa cuarta presenza na Copa do Rei, competición baixo teito que reúne os oito mellores clubs do ranking nacional.