O Open Vila de Marín de boxeo, de "idea tola" a un dos eventos máis grandes de España

Marín
24 de abril 2026

A quinta edición do torneo organizado polo Team Thunder contará condeportistas de Portugal, Francia, Chile, Canadá, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos

Presentacion do V Open Villa de Marín de Boxeo
Presentacion do V Open Villa de Marín de Boxeo / Concello de Marín

Naceu como unha "idea tola", recoñece desde o Team Thunder o seu responsables, Aarón González, pero converteuse xa nun dos eventos puxilísticos máis grandes de todo o territorio nacional.

O V Open Ence Vila de Marín de Boxeo, que se celebrará do 30 de abril ao 2 de maio, foi presentado de maneira oficial na Alameda coa presenza da concelleira de Deportes, Antonio Traba, e a directora de Ence, Esther Couceiro.

Nesta ocasión, adiantaron, serán máis de 700 os deportistas de todas as categorías que participarán no Open.

Ademais de boxeadores nacionais, competirán en Madrid deportistas chegados de Portugal, Francia, Chile, Canadá, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos.

Unha progresión en só cinco anos que fai mirar cara á fronteira do milleiro de participantes, asegurou Antonio Traba destacando a implicación dun club como o Team Thunder que é "un referente deste deporte, non só tendo unha das escolas deportivas municipais máis exitosas senón tamén organizando un evento desta envergadura".

O Open Vila de Marín arrincará o vindeiro venres 30 de abril cos sorteos e as pesadas previas.

En canto á competición en si, dará comezo o venres 1 de maio cunha previsión de até 180 combates na xornada inaugural nos catro rings que se instalarán no pavillón do SEI San Narciso.

O torneo terá continuidade o sábado 2 de maio e o domingo día 3, cando se disputarán as diferentes finais.