A fase final do Campionato de España Xuvenil supón non só un reto deportivo para o Club Cisne como un dos oito mellores equipos do país, senón tamén un desafío económico.
O conxunto pontevedrés deberá desprazarse ata a provincia de Alacante para competir no Nacional, o que supón 1.040 quilómetros de distancia máis o aloxamento.
Por ese motivo desde o Cisne activouse unha campaña de micromecenado coa que axudar o equipo xuvenil no seu soño de baterse coas mellores canteiras de España, bautizada como 'Operación quilómetro'.
"Canto maior sexa a achega máis preto estaremos do noso destino destino", sinala o club asegurando que "cada euro de axuda será ben defendido na pista".
Desta forma, a través da aplicación Cluber, poderase colaborar co equipo custeando os quilómetros que lle separan de Alacante, a un prezo de 2 euros o quilómetro.
A campaña, creada este xoves día 20, estará activa ata o 30 de maio, data de finalización do Campionato de España, un torneo que comezará para o Cisne dentro do segundo grupo con sede en Elda xunto ao equipo local, o BM Elda, o Cajasur Córdoba e o BM Granollers.