Orgullo arxilista polos seus 33 anos de vida

Pontevedra
27 de marzo 2018

O Club Baloncesto Arxil realizou este luns a presentación dos seus 17 equipos nunha tempada na que cumpre 33 anos, case a metade deles con Ana Martín nas súas filas. A capitá foi homenaxeada ante a súa inminente retirada

Presentación dos equipos do Arxil 2018
Presentación dos equipos do Arxil 2018 / Mónica Patxot

Despois de 33 anos de duro traballo e amor por un deporte, o Club Baloncesto Arxil loce unha saúde de ferro.

Así o demostrou o club pontevedrés este luns no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde presentou un por un aos 17 equipos que compoñen esta campaña a entidade.

En total máis de 200 xogadoras dos equipos: Baby; Benxamín A, B e C;  Mini A, B e C; Infantil A, B, C e D; Cadete A e B; Junior; o filial sénior; e o equipo de Liga Feminina 2.

O acto serviu ademais de homenaxe á capitá arxilista, Ana Martín, que tras 17 tempadas adicadaen corpo e alma ao baloncesto retirarase a final de campaña. Por iso o corpo técnico fíxolle entrega dunha torta e o número 8 tivo protagonismo durante a presentación dos diferentes equipos.

A presentación dos equipos do Club Baloncesto Arxil, que estivo conducida polo xornalista de PontevedraViva Ramiro Espiño, contou coa presenza da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e a deputada provincial Chelo Besada.