Os clubs de piragüismo, ante moitas dificultades no regreso á práctica deportiva

Pontevedra
24 de maio 2020

A Federación Galega de Piragüismo (FGP) solicitou á Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e á Federación Española de Municipios (FEMP) que "interpreten a lei de maneira correcta", xa que hai moitos clubs que se están atopando con dificultades para realizar a súa actividade

Segunda e derradeira xornada do Campionato de España de piragüismo en distancia maratón
Segunda e derradeira xornada do Campionato de España de piragüismo en distancia maratón / Diego Torrado

A Federación Galega de Piragüismo (FGP) solicitou á Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e á Federación Española de Municipios (FEMP) que "interpreten a lei de maneira correcta", xa que hai moitos clubs que se están atopando con dificultades para realizar a súa actividade.

Unha vez iniciada a desescalada por parte do goberno central, o presidente da FGP púxose en contacto coa Delegación do Goberno en Galicia, o Consejo Superior de Deportes, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Real Federación Española de Piragüismo, etc, para solicitar información e así volver á práctica deportiva cumprindo as condicións de seguridade.

Con todo, nalgúns concellos e deputacións, tal e como traslada o presidente da FGP, "estamos a atopar dificultades para retomar a actividade debido a diferenzas interpretativas" e considera que hai "un certo descoñecemento dos criterios xa sentados polos órganos competentes na materia".

Isto tradúcese en que hai moitos clubs e deportistas que se están atopando con obstáculos en reabrir as instalacións e adestrar, por iso solicita ao presidente da FEGAMP que faga unha recomendación aos concellos e deputaciones para a "correcta interpretación das normas de desescalada en materia deportiva".