Os irmáns Daniel e Antía Chamosa desprazáronse a pasada fin de semana a Dudince, en Eslovaquia, para medirse aos mellores marchadores do panorama internacional. Era o escenario perfecto para lucirse e ningún dos dous fallou. Ambos lograron o billete para o europeo e o mundial, así como o récord galego dos 35 quilómetros marcha.
Daniel detivo o crono en 2 horas, 32 minutos e 43 segundos, superando a marca mínima para poder competir no Campionato de Europa que se celebrará en Munich do 15 ao 21 de agosto; e ao Campionato do Mundo, que terá lugar en Oregon, Estados Unidos, do 15 ao 24 de xullo. Con todo, a súa participación definitiva nestas probas internacionais determinaraas o seleccionador nacional de marcha. Por agora, o ranking xoga ao seu favor, xa que o pupilo de Montse Pastor se encuantra en cuarta posición.
A actuación da súa irmá Antía, entrenada tamén por Pastor, non foi menos brillante. A prometedora marchadora mantén unha progresión ascendente nesta disciplina ao bater a súa mellor marca persoal en 2:53.18, coa que se gañou o pasaporte para os mesmos campionatos internacionais que o seu irmán maior. Ademais, a marchadora pontevedresa é terceira no ranking nacional.
Con respecto á carreira de Dudince, os dous marchadores da Sociedade Ximnástica foron os primeiros españois en cruzar a liña de meta. Dani fíxoo no posto décimo quinto, mentres que Antía foi décima.