Os padexeiros pontevedreses que acudiron ao pasado Mundial de Maratón en Oklahoma (EE.UU.) recibiu este venres un pequeno homenaxe na Deputación Provincial.
Todos eles recibiron a felicitación polos bos resultado obtidos, especialmente os medallistas Ton Campos (ouro e prata), ÿscar Graña e Ramón Ferro (dous bronces), Iván Alonso (dous bronces) e Alejandro Casal (Bronce). Só faltaba o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza (prata).
Os padexeiros coñeceron ademais de primeira man os detalles da liña de axudas que a Administración Provincial adxudicará nos próximos días.
Trátase dunha partida xa anunciada de 150.000 euros que se repartirá a título individual para custear a viaxe dos deportistas ás diferentes competicións.