O piragüismo pontevedrés segue conseguindo medallas no Campionato de Europa que se está disputando en Silkeborg, Dinamarca.
Á medalla de bronce do grovense Tono Campos hai que sumarlle outros dous metais da mesma cor logrados este venres polos canoístas Diego Piñeiro (EP Ciudad de Pontevedra) e Joaquín Iglesias (Piragüismo Verducido).
Piñeiro foi o primeiro en lanzarse á auga na carreira C1 sub-23, investindo un tempo de 01:55:59.12 para acabar as seis voltas e cinco porteos que constaba a proba.
O padeeiro pontevedrés, debutante nunha cita internacional, terminou nunha meritoria terceira posición por detrás do polaco Adrian Klos de Polonia e do húngaro Mate Zsidai.
Joaquín Iglesias, pola súa banda, conseguiu a segunda medalla do día na regata de K1 sub-23. Loitou por levar o ouro pero tívose que conformar cun bronce.
Trátase do segundo metal nun campionato europeo para o padeeiro do Verducido, que cruzou a liña de meta a tan só nove segundos do gañador, o danés Nikolai Thomsen, e a cinco segundos da prata, que foi para o inglés Charles Smith.
EUROPEO DE MARATÓN|
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) July 29, 2022
¡Otra medalla más para España! DIEGO PIÑEIRO logra el bronce en la categoría C1 sub-23 de Maratón largo
¡Enhorabuena Diego!#SomosPalistas | #CanoESP pic.twitter.com/UuqG36ZZrv