Os xogadores do Teucro dan negativo en covid-19 e regresan ao traballo

Pontevedra
27 de agosto 2021

O plantel do primeiro equipo tivo que pasar catro días confinada polo caso positivo detectado nas filas do Lalín, último rival do conxunto pontevedrés

O Teucro volve aos adestramentos despois de catro días de confinamento
O Teucro volve aos adestramentos despois de catro días de confinamento / SD Teucro

Os xogadores do Teucro regresan aos adestramentos. Catro días despois de que Sanidade obrigase ao persoal para confinarse polo positivo por covid-19 detectado nas filas do Lalín, último rival teucrista, o equipo azul volve ao traballo despois de que todas as probas PCR ás que foron sometidos os xogadores desen negativo.

O parón na preparación durou menos do que temían no seo do club e os de Irene Vilaboa poden concentrarse xa en seguir preparándose para o inicio da tempada sen máis sobresaltos. 

Doutra banda, o equipo ten previsto presentar a nova campaña de socios este luns a partir das 12 horas no  Concello de Pontevedra.