A ourensá Zaide Pérez únese ao Poio Pescamar

Poio
22 de xuño 2025
Actualizado: 13:11

A xogadora, procedente do Ourense Ontime, convértese na sexta fichaxe do club conserveiro

Zaide Perez

A configuración do plantel para a próxima tempada no Poio Pescamar vai vento o popa.

O club conserveiro acaba de facer oficial a chegada de Zaide Pérez, á procedente do Ourense Ontime.

A xogadora do Carballiño (05/11/2001) iniciou a súa traxectoria deportiva no fútbol 11 co CD Arenteiro para, en 2014, dar o salto ao fútbol sala, uníndose ao Carballiño FS.

Só un ano despois, en 2015, incorporouse á canteira do Ourense, onde permaneceu durante unha década.

Nesas dez tempadas logrou un ascenso a Segunda División co equipo filial e debutou en Primeira División co primeiro equipo en 2019.

Agora, únese ás filas do Poio Pescamar converténdose na sexta fichaxe e sumándose ás incorporacións de Carolina Pedreira, Débora Lavrador, Noelia Montoro, Carolina Bravo e Yanira.

Ademais, o equipo asegurou a continuidade de Miri, Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli.