Pablo Dapena pecha a súa tempada cun cuarto posto na Copa Asiática de Hong Kong

Pontevedra
31 de outubro 2015

O triatleta pontevedrés, con molestias no pé, perdeu a praza no podio nos últimos 500 metros e recoñeceu tras a proba que foron "los últimos 2,5 kilómetros más dolorosos de mi vida"

Pablo Dapena durante unha competición Pablo Dapena

Hai uns días tivo que abandonar a competición na última Copa do Mundo do ano por molestias no pé, unhas molestias que volveron dificultar a carreira na Copa Asiática disputada este sábado en Hong Kong.

Pablo Dapena finalizou na cuarta posición na que foi a súa última proba oficial da tempada.

O triatleta pontevedrés realizou unha carreira notable, pero sufriu moito coa dor do seu pé no tramo final, perdendo a súa praza de podio nos últimos 400 metros.

Dapena finalizou en Hong Kong, nun evento disputado en distacia sprint, cun tempo de 58:03, a 11 segundos do estadounidense Jarrod Shoemaker. O gañador foi o israelí Ron Darmon (57:44).

Ao finalizar a proba Pablo Dapena sinalou a través de Twitter, en relación á súa lesión e antes de comezar o seu descanso, que foron "os últimos 2,5 quilómetros máis dolorosos da miña vida".